Este programa de Voluntario de Mujeres en Igualdad Burela-BUMEI ten como punto de partida o coñecemento dos dereitos e a dignidade de toda persoa, sexa cal sexa a súa situación sociolaboral, así como da participación cidadá nos asuntos dos seus iguais, para poder enfrontar os retos sociais que nos aburan como sociedade, podendo reducir os problemas existentes da exclusión social, da discriminación por razón de xénero... sensibilizando e inculcando en valores solidarios aos nosos voluntarios, xerando, deste xeito, unha conciencia crítica e favorecendo a mobilización social.
Sensibilizar é un dos puntos clave deste programa, xa que, se ben somos unha entidade coñecida e recoñecida polo noso traballo social diario e por dispoñer do noso propio equipo de voluntariado, necesitamos aumentar a concienciación social da poboación en xeral para lograr crear un equipo profesional formado e cohesionado, que traballe por e para a poboación e, tamén porque queremos remover as conciencias e cuestionar actitudes, para favorecer unha reflexión persoal e xerar un compromiso coa realidade social na que estamos a vivir.
Durante todo o ano 2021 o voluntariado de BUMEI encargaranse da organización e xestión da nosa despensa de alimentos, organización dos repartos quincenais de produtos frescos e levarán a cabo o noso servizo de “amadriñamento”, o cal é fundamental, para que as persoas usuarias dos distintos programas sociolaborais levados a cabo nesta asociación, poidan conciliar a realización das actividades personalizada propostas polo persoal técnico e a súa vida laboral.
Elaborarase además un novo Plan de Acción Voluntaria de Mujeres en Igualdad BUMEI.
Tamén vemos moi necesario o fomento e a incorporación das novas tecnoloxías como o mantemento da nosa páxina web onde queremos adicar un espazo exclusivo, en lingua galega, onde colgaremos todo o relacionado co noso plan de voluntariado, as nosas actuacións de sensibilización neste eido e os procedementos que hai que seguir para facerse voluntario da nosa entidade.
También vemos muy necesario el fomento y la incorporación de las nuevas tecnologías mediante esta web en la que dedicamos un espacio exclusivo, en lengua gallega, al voluntariado.
Publicaremos información sobre nuestro plan de voluntariado, nuestras actuaciones de sensibilización en este ámbito y los procedimientos que hay que seguir para hacerse voluntario/a en nuestra entidad.